
Medio ambiente
miércoles 8 Abril 2009
Viñetas con contido ecoloxista (ou de sentido común)
Por Isa el miércoles 8 Abril 2009, 18:30



domingo 14 Diciembre 2008
Despois de Kioto... Poznan... Servirá de algo?
Por Isa el domingo 14 Diciembre 2008, 18:47

viernes 12 Diciembre 2008
Cando a crise o xustifica todo...
Por Isa el viernes 12 Diciembre 2008, 12:16

domingo 16 Noviembre 2008
Pegada ecolóxica
Por Isa el domingo 16 Noviembre 2008, 21:23
Hoxe estamos de viñetas....

jueves 9 Octubre 2008
Os pinguinos revélanse contra o cambio climático.
Por Isa el jueves 9 Octubre 2008, 23:46
WWF/Adena organizou hoxe un show teatral na rúa ás portas do Congreso Mundial da Naturaleza, que se está a celebrar en Barcelona.

Con esta actuación WWF/Adena pretende chamar a atención sobre a grave ameaza que supón o cambio climático para os pingüinos antárticos: un incremento da temperatura media global de 2º C levará á extinción, de aquí a mediados de século, ás colonias de pingüinos emperador e de Adelia.
Os protagonistas da "Performance" foron os propios pingüinos que protestaron pola crítica situación na que se encontran pola acción da humanidade.
domingo 28 Septiembre 2008
Felicidades Ricardo!
Por Isa el domingo 28 Septiembre 2008, 22:28
Máis
vale tarde que nunca!
Debo recoñecer que o espazo natural de Galicia que máis me impresiona, máis me emociona, e máis recordos felices me trae son as Fragas do Eume.
Aquí viña na miña época universitaria a desconectar do mundanal ruído e do estrés dos exames. Aqui teño pasado grandes fins de semana en compañia dos que máis quero, e aquí organicei a miña primeira escola de educación ambiental das XSG, coa axuda de Nacho, Iván e Loli (e que ben o pasamos)!.
Pois ben, digo "máis vale tarde ca nunca" porque a Consellería de Medio Ambiente presentou a pasada semana o borrador do Plan de Uso e Xestión do Parque Natural das Fragas do Eume na reunión da Xunta Consultiva, na que tomou posesión o novo presidente, Ricardo García Mira.
Antes de nada, aclarar que o Plan de Uso de Xestión do Parque é o documento no que se recollen os obxectivos do parque, a regulación de usos conforme a zonas e actividades, un plan de acción para a conservación da natureza, así como para o desenvolvemento sostible das poboacións que habitan no parque (moitos deles propietarios), e un programa financieiro para os anos de vixencia do plan.
Por iso digo que máis vale tarde ca nunca, porque un espazo natural da relevancia e da beleza das Fragas do Eume non podía pasar máis tempo sen ter un Plan Xestor, no que se recollesen os obxectivos, os fins, as accións e as estratexias para conservar o mellor mellor bosque atlántico costeiro de Europa dende un punto de vista ambiental, pero tamén social.
Fálase moito do dano ecolóxico que está a facer o Eucalipto nas Fragas do Eume, pero moi pouco se fala do dano que, por mirar cara outro lado, lévanlle facendo as administracións públicas galegas. En 16 anos de fraguismo, nunca nada se fixo polo Parque, máis que a Declaración Pública. E tal vez tres anos de goberno sexan xa de abondo para rematar un documento substancial para a conservación das Fragas.
Pola outra banda, a Xunta Consultiva é unha especie de "padroado" integrado polos alcaldes dos concellos do parque natural, empresarios, propietarios de terreos, representantes de comunidades de montes e grupos ecoloxistas da zona, así como representantes da administración autonómica. Esta Xunta ten xa un Presidente: Ricardo García Mira.
Ricardo é amigo meu. Un bo amigo, e tamén un bo profesional. Non é un ecoloxista, máis leva moitos anos traballando no mundo ambientalista, dende unha perspectiva que fai moita falla: estudando as relacións humanas, a percepción cidadá, os homes e mulleres como suxeitos partícipes e como destinatarios das políticas ambientais.
E podo dicir que estou segura de que o fará ben. Porque sabe escoitar, porque aposta sempre polo diálogo, comprendendo e tratando de atopar puntos de encontro. Ricardo é un bo negociador, demostrouno en todos os seus anos de Universidade, ao fronte dun Grupo de Investigación, ou do comité de empresa de persoal PDI da UDC. Gústalle e defende que as decisións - na medida do posible- sempre saian do consenso.
Ábrese unha nova etapa na vida das Fragas do Eume e tamén se abre a oportunidade de poñer en práctica todas as teorías da psicoloxía ambiental das que tanto tempo levamos falado. Noraboa Ricardo e moita sorte, porque o teu éxito será o éxito de todos e todas.
martes 15 Julio 2008
De volta das Illas Cíes
Por Isa el martes 15 Julio 2008, 13:50

Despois dunha fin de semana maravillosa que pasei xunto aos meus compañeiros de Xuventudes nas Illas Cíes, e aínda non de todo recuperada do cansancio, as queimaduras do sol, e a falta de sono, tan só quería poñer unha cita que me acaban de enviar os de Greenpeace, e que me gustou de veras.
Aquellos que van deprisa hacia ninguna parte,
cierran el paso, sin un sólo resquicio,
a quienes queríamos llegar lentamente a un destino.
Jorge Riechmann
viernes 4 Julio 2008
E ti que fas con bolsas de plástico?
Por Isa el viernes 4 Julio 2008, 12:12
Cataluña celebra hoxe o Día catalán sen bolsas de plástico dentro da
campaña ' Catalunya libre de bolsas!', que pretende cambiar os
hábitos e animar a administracións, institucións, comerciantes, universidades e
entidades a aplicar medidas para reducir as bolsas de plástico dun solo
uso.
Durante a xornada diversos municipios realizarán actividades para concienciar sobre o uso de bolsas reutilizables ou outros instrumentos como as cestas ou os carros da compra e non bolsas de plástico.
O obxectivo da entidade promotora, Fundación Catalana para la Prevención de Residuos y el Consumo Responsable, é reducir nun ano un 90% o consumo destas bolsas, introducir un "imposto ecolóxico" de 20 céntimos por bolsa de plástico a partir de 2009, e destinar o diñeiro que se recade a un fondo de prevención de residuos para levar a cabo campañas e medidas neste ámbito.
Ademáis, Sarrià de Ter (Girona) proclamarase como "primeiro municipio catalán libre de bolsas de plástico" xa que o concello da localidade e os comercios acordaron deixar de distribuír este tipo de bolsas.
Pola súa banda, o grupo de supermercados Bon Preu xa chegou a un acordo co Departamento en febreiro pasado para retornar dous céntimos por cada dez euros de compra aos clientes que non necesitan bolsas. Cando iniciou a campaña hai catro meses e medio se propuxo reducir un millón de bolsas dos 50 que distribuíra no ano 2007. Segundo fontes da empresa, xa levan aforradas catro millóns.
Esta cifra parece indicar que os clientes optan polas alternativas que propón a cadea: Ofrece unha caixa de cartón por 65 céntimos, e unha bolsa de compra por 1,65 euros. Os dous produtos están pensados para ser usados máis dunha vez, e dende febreiro véndense máis que antes. E se o cliente prefire usar unha bolsa e logo tirala, tamén pode comprar unha bolsa biodegradable por cinco céntimos.
Aquí en Galicia eu só coñezo unha experiencia similar: as tendas de cosmética Ivs Rocher, que non dan bolsas aos clientes, pero sí che dan a oportunidade de mercar unha bolsa reutilizable por 50 cms.
Só unha cousa máis, este tipo de políticas de redución en orixe xa as teño visto eu aplicadas en moitos países europeos dende hai máis de 20 anos. En España, en temas ecolóxicos, imos con demasiado retraso.
miércoles 18 Junio 2008
Ata Touriño parece sabelo!
Por Isa el miércoles 18 Junio 2008, 12:07
Remítome a unha noticia do País de Hoxe...
Touriño califica de "penoso" el estado de la ría coruñesa
El presidente promete una mejoría antes de fin de año
"La ría de A Coruña "se encuentra en una situación penosa".
El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, no escatimó sus palabras al referirse ayer, en un extenso relatorio sobre los compromisos de su Gobierno con la ciudad, a uno de los principales problemas que arrastra este área urbana. "Vamos a sanear la ría, al igual que todas las demás de Galicia", afirmó el jefe del Ejecutivo y se marcó como objetivo, en el caso de la de A Coruña, finales de este año para que "se note ya una mejoría muy grande con respecto al control de vertidos y a la calidad de unas aguas" donde sigue prohibido coger marisco para su comercialización y venta directa por el elevado nivel de bacterias fecales.
Esta referencia a la contaminación de la ría coruñesa se produce días después de que la Fiscalía Superior de Galicia presentase una denuncia en el juzgado para que investigue posibles responsabilidades penales en los 26 vertidos ilegales detectados en año y medio.
El reconocimiento de la contaminación marina fue la única nota negativa de la conferencia sobre la situación y el futuro de A Coruña que ofreció ayer el presidente de la Xunta en la Fundación Caixa Galicia con motivo de la conmemoración de los 800 años de la refundación de la ciudad y de la campaña en apoyo a la declaración de la Torre de Hércules como Patrimonio de la Humanidad. Un faro coruñés que, antes de su discurso, Touriño acudió a abrazar virtualmente en el habitáculo que el Ayuntamiento montó en la plaza de María Pita para que los ciudadanos -y ya son miles- se retraten con el monumento.
El presidente hizo hincapié en las infraestructuras de transportes que los ejecutivos estatal y autonómico están desarrollando para impulsar el área metropolitana cuando funcione a pleno rendimiento el puerto exterior, hoy en construcción, o llegue el AVE en 2012. En marcha también están varias promociones residenciales con una reserva del 40% para vivienda protegida, agregó. Touriño alabó la "excelente política asistencial" del Ayuntamiento coruñés que, "tras años de afrontar sus costes en solitario", cuenta ahora también con "el decidido compromiso" de la Xunta que preside.
miércoles 4 Junio 2008
Xa temos Ordenanza Antibotellón
Por Isa el miércoles 4 Junio 2008, 23:25
Noticia sacada do País dixital de hoxe, e de interese xeral:

Seis meses despois de presentar a súa proposta, e tras un intenso debate con representantes veciñais e sociais da cidade que facilitou a chuviosa primavera ao reducir ao mínimo os balbordos nocturnos en prazas pequenas moi habitadas do centro, o pleno do Concello de A Coruña aprobará á fin o luns unha norma municipal para regular o botellón.
Nin se prohibirá consumir alcohol nas rúas, nin tampouco as concentracións de persoas en espazos públicos para divertirse, pero si se acoutará ao establecer "zonas de especial protección" nas que, co fin de que prevaleza o dereito ao descanso dos veciños sobre o de ocio dos mozos, se sancionará con multas de ata 3.000 euros as reunións multitudinarias ao aire libre entre as 22 horas e as 8 da mañá.
A diminuta plaza do Humor, no corazón de A Coruña e rodeada de edificios residenciais onde adoitan concentrarse para tomar copas máis dun millar de novos cada noite de xoves a sábado, será unha desas primeiras zonas libres de botellón nas que se aplicará a norma que entrará en vigor en xullo, xa que está máis que comprobado que se produciu, dende máis dunha década, "unha moi grave perturbación da convivencia cidadá".
Cada unha desas zonas residenciais serán debidamente sinalizadas, segundo o concello.
O Concello defende, fronte aos que piden prohibición total, a "normal convivencia ciudadana" e cree posible conciliar o dereito ao descanso co de divertirse en espazos públicos. "Non podemos impedir o dereito de reunión, pero si podemos actuar contra aquelas concentracións que perturben a convivencia cidadá", xustificou onte a edil de Medio, a socialista Nieves Vázquez.
Admítense todo tipo de comentarios e propostas.
domingo 18 Mayo 2008
La Comisión Europea rechaza aprobar dos maíces y una patata transgénica.
Por Isa el domingo 18 Mayo 2008, 14:52
Reproduzo aquí unha nova de
Greenpeace sobre unha campaña de ciberactivismo que estiveron a promover e que
deu os seus froitos:
En estos turbios tiempos en que en el Consejo de Ministros del estado español se sientan los que han venido representando a los intereses más pro-transgénicos, estas noticias revisten especial importancia.
Después de meses de un interesante debate sobre transgénicos promovido por la DG Medio Ambiente, el pasado día 7 de mayo los Comisarios Europeos rechazaron la aprobación de dos maíces y una patata transgénicos, cuestionando seriamente a la Agencia Europea de Seguridad Alimentaria (EFSA) - (ver detalle más abajo).
Esto significa que las grandes empresas agro-químicas (que ahora amenazan a la Comisón Europea legalmente por la decisión tomada) no podrán comercializar estos OMG en la UE por el momento. La EFSA deberá volver a evaluar su seguridad.
Es la primera vez que los mayores responsable políticos de la UE dudan públicamente de la seguridad de los OMG. Reconocen así la inoperancia, el sesgo y el mal papel que ha venido jugando la EFSA, y demuestran que es fundamental garantizar que las opiniones de esta agencia sean de una vez por todas científicamente válidas e imparciales.
Cualquiera que conozca un poco a la Comisión Europea sabe que esto no hubiera sido posible sin la presión de la opinión pública. La amplia campaña de recogida de firmas, envío de correos, postales, blogs, etc, ha dado sus frutos.
Esta decisión de la Comisión marca un hito histórico en la lucha por la salud y el medio ambiente. Y demuestra que el sistema de evaluación de la EFSA no es válido y es un peligro.
- Source: Greenpeace (http://www.greenpeace.org)
miércoles 26 Marzo 2008
De volta das vacacións
Por Isa el miércoles 26 Marzo 2008, 08:42

Dende o luns estou de volta das vacacións, que este ano (a diferenza do pasado, no que estiven en Roma) pasei na miña terriña, aquí en Galicia, disfrutando da familia, dos amigos e das fermosas paixases que aínda conservamos malia que nos pese.
O pasado xoves estivemos nas Illas Cíes, e puidemos desfrutar da fermosa estampa que estades a ver nesta foto (é calidade móvil, síntoo) que puiden sacar dende o alto da "silla do príncipe". Así mesmo, poidemos comprobar en persoa a laboura que está a facer o persoal do parque nacional, pois grazas ás visitas guiadas - e gratuítas- que organizan enterámosnos de varias curiosidades respecto das illas, pero sobre todo respecto do comportamento de nós, os visitantes, os intrusos deste especial ecosistema marítimo-terrestre, que se non nos preocupamos en coidar pode alterarse en pouco tempo.
Cómo somos os cidadáns capitalistas! Antes de que as illas fosen declaradas Parque Natural (e logo nacional) fondeaba nelas quen quería, realizabánse nelas as explotacións que se quería, mariscaban, pescaban, construíanse casas, mosteiros... e a natureza sobreviviu perfectamente.
Cando as Cíes sen convertiron nun espazo turístico chegabamos, deixabamos o noso lixo, acampabamos, fondeabamos os nosos iates, pescabamos ilegalmente... e fíxose preciso unha regulación especial de protección das Illas (nun país que só protexe o 1% do seu patromonio natural isto é representativo).
Dende que a praia de Rodas é a praia máis fermosa do mundo (segundo "The Guardian"), os cidadáns capitalistas chegamos ás Cíes só interesados en ver un areal.
Percorremos Rodas sen respectar as zonas de reserva, destruímos as dunas cos nosos rolos e pisadas -sen ser conscientes de que elas son a orixe do fermoso areal- . Aniquilamos as zonas de cría de certas aves autóctonas da illa. Convertemos o faro nun campo de fútbol (con restaurante incluído) con todas as inconvientes das multitudes. Rompemos a cadena alimenticia das gaivotas autóctonas alimentándoas coma se fosen o noso can...
E todo isto sen ver máis alá. Sen comprender a importancia do noso rol de visitantes dentro dun ecosistema delicado e complexo no que nada- nin a paixase, nin os acantilados, nin as praias, nin os ecosistemas marinos- existen por casualidade.
O Prestige lémbranos o fráxiles que son as nosas illas. Non convirtamos os nosos actos, e o noso turismo inconsciente, noutro Prestige. Por favor!





