Falando de bichos e Flores

Ir al contenido | Ir al menú | Ir a Buscar

lunes 18 Mayo 2009

Se me ha roto el alma... Murió Mario Benedetti

benedetti

lunes 4 Mayo 2009

1º de maio na Coruña

Un ano máis celebramos, na Coruña, a Festa do 1º de maio, o Día Internacional do Traballo, esta vez baixo o lema "Fronte á Crise: Emprego, Investimento Público e Protección Social".

Máis, coma todos os anos, estivemos tamén na Praza de Pablo Iglesias, facendo a tradicional Ofrenda Floral ao fundador do noso Sindicato.

E as 10:00 da mañá, significados representantes de UGT e CCOO recordamos aos Mortos pola Liberdade, nun acto sinxelo pero moi emotivo que levamos a cabo no Cemiterio Civil, carón do mar, en San Amaro.

Nesta sentida homenaxe, os compañeiros e compañeiras da UGT convidáronme a recitar un poema, e este ano escollín esta poesía de Manuel Parra, adicada a Miguel Hernández.

Poema

domingo 8 Marzo 2009

Hoxe celebramos o Día da Muller Traballadora

Hoxe é 8 de marzo, o Día Internacional da Muller Traballadora. hadas

Como coincide a domingo, na UGT da Coruña preferimos adiantar a conmemoración a un día laborable, polo que o pasado venres celebramos a tradicional homenaxe ás compañeiras da UGT, ás traballadoras que durante todos estes anos loitaron e reivindicaron nas súas empresas, a pé de rúa, a igualdade entre homes e mulleres.

Miña nai sempre me repetiu, dende que eu era nena, que sen independencia económica non hai independencia real, nin liberdade persoal. Sempre o tiven presente. E sempre admirei ás mulleres que, poñendo o mellor de sí mesmas, loitan día a día por un mundo máis xusto, máis equitativo, máis solidario e onde as mulleres nos podamos sentir libres para contruír o noso futuro.

Ás mulleres como a miña nai, as miñas amigas e as miñas compañeiras, das que aprendo todos os días, adiqueilles o pasado venres o seguinte poema. A súa autora é Tamara Canosa, unha muller absolutamente admirable:

"Las hadas tienen la nariz colorada para que se mantenga siempre alerta, las manos frías para que cuando toquen algo se despierte inmediatamente y los ojos chispeantes para que los trasgos las encuentren en la oscuridad.

Pero no vuelan con vestidos vaporosos ni nos enseñan sus alas.

A veces te encuentras una en la parada del autobús. Si la reconoces se dará cuenta y te mirará traviesa. Si la logras te cantará al oído una noche y desaparecerá.

Si amas a un hada, toda la vida te sabrán los besos a vainilla.

Hay hadas muy hermosas, hadas con caras graciosas, con expresión de rabieta... Hay hadas niñas, hadas mujer, hadas viejecillas.

No son malas, tampoco del todo buenas. Al fin y al cabo son hadas, no santas.

Ellas tienen unas ganas incontenibles, incontrolables, inabordables de vivir... y lo contagian. Así que cuando una se te cuela en la vida ya nunca dejarás de maldecirle las alas para que no pueda escaparse nunca más.

Pero cuídate de ellas, porque al final siempre se las apañan para fugarse y te quedará una pena muy grande. La pena por haber perdido un hada sólo se cura escuchando la voz de una libélula pero...bufff...menudas son las libélulas. Preguntadle a las flores...."

martes 3 Febrero 2009

O último de Xoel López: Quen puidera namorala!

xoel Por motivos sentimentais que non veñen ao caso, unha das miñas cancións preferidas dende hai moitos anos é "Quén puidera namorala", unha cantiga escrita por Álvaro Cunqueiro e interpretada por Luis Emilio Batallan.

Por iso, sentín unha ilusión inmensa cando escoitei a versión que Xoel López (Deluxe), o músico coruñés máis de moda, fixo para a campaña de Emilio Pérez Touriño.

Aínda máis, o Presidente adiantounos a primicia no facebook o pasado venres e, se queredes, podedes escoitar a versión de Xoel no seguinte enlace.

De verdade que merece a pena!

martes 13 Enero 2009

Un recordo de Porto.

Baixando ao Porto

Tuas janelas sao oculares para uma cidade que nao dorme, uma lima que permite que eu e o Porto coexistamos, nunha cumplicidade eterna.

Que cores, que fuguras, que tons mágicos...! Quase mergulho nesse mundo de índios, Quase son índia tambén!

Sinto história, sinto cultura, sinto a cidade no aroma de um café.

És un mundo á parte, ou parte deste mundo, és poesia, és siléncio, és conversas, olhares, e sorrisos.

És Porto, Guarany...

Inés Ruvinet

martes 23 Diciembre 2008

E dúas máis de regalo... (adicadas a Azu e a Chari)

Pechado por vacacións

jueves 4 Diciembre 2008

Chiste persoal que só Txenoo comprenderá.

HIPOPÓTANO

martes 7 Octubre 2008

O pasado sábado no San Froilán

Facía unha friaxe...

castañas

O ambiente das rúas lucenses o sábado de madrugada...

madrugada.jpg

jueves 18 Septiembre 2008

A Volta ao cole!!!

A pesares de que xa volvín das vacacións hai máis de 15 días, a rutina do inverno - a miña volta ao cole particular- non comeza ata que volven tamén á tele as miñas series favoritas: Prison Brake, Lost, Californication... Algunhas delas hai que velas en versión orixinal porque en españa están a chegar demasiado tarde...

Pois ben, unha das miñas series favoritas é, ademáis, da casa, galega, con actores e directores galegos. Trátase de Padre Casares, que este luns volveu á galega para ensinarnos de maneira maxistral e cun humor moi intelixente, moi galego por suposto, cómo é a vida política nas pequenas vilas do noso país.

Os que non víchedes o luns o novo capítulo da segunda tempada, lembrade que na televisión á carta da CRTVG podedes descargar todos os capítulos atrasados!!!!

É unha das prestacións da web da CRTVG que agora están a implementar tamén outras teles (como TVE, por exemplo), e que eu considero que é un dos grandes avances desta nova imaxe da televisión pública galega.

Tamén se poden descargar todas as noticias das diferentes edicións dos informativos da galega, algo moi interesante para os que non estamos na casa á hora de xantar ou cear.

Máis se queremos que a xente vexa a Televisión de Galicia, visite a súa web e descargue os seus programas, hai que facer programas de calidade, informativos con credibilidade, e series coas que nos sintamos identificados. Creo que imos polo bó camiño.

miércoles 6 Agosto 2008

Marchamos de Vacacións!!!!

coruñaDecidir ónde pasar as vacacións nunca é fácil para ninguén, pero creo que eu lle dou voltas a esta decisión máis que calquera que coñeza.

A verdade é que hai que xogar con moitas variables e ter en conta distintas cuestións: en primeiro lugar, a económica.

En segundo lugar, está o condicionante ambiental. Vale que esteamos de vacacións, pero non por iso temos máis dereito ca o resto do ano a contaminar indiscriminadamente.

sta cruz Cun problema de enorme relevancia como o cambio climático, ou o urbanismo incontrolado e absolutamente destructor, ou a escaseza de auga... cada vez me resulta máis difícil e inmoral escoller como destino de vacacións a costa do sol, canarias, valencia... ou facer longas viaxes que impliquen coller un ou varios avións, coa pegada ecolóxica que este medio de desprazamento supón.

Despois de sopesar estas cuestións, mais a duración da viaxe, a climatoloxía, etc, xa tomamos unha decisión e mañá marchamos de viaxe!!!

¿A ónde? Pois a lugares cercanos que non nos obriguen a utilizar avións, nen facer longos percorridos en automóvil todos os días.

SOAJO Este ano, unha vez máis, vou facer turismo de natureza.

Porque se nos gustan as nosas fragas, os nosos ríos, os nosos parques naturais, e nacionais, debemos protexelos e potencialos. E debemos potenciar tamén un tipo de turismo máis solidario, máis diversificado, non masificado, máis sostible.

Trátase de apostar por un futuro mellor para o rural español, por un turismo rural que permita que as comarcas onde se atopan estes espazos naturais podan ser tamén sustentables, que as súas xentes podan ficar a vivir e a desenvolver o seu proxecto de vida alí, con calidade, con dignidade, con esperanza.

monfero Así, ata o mes de setembro estarei perdida polas montañas de Lugo, Asturias, Aragón, Catalunya... ¿Quen sabe?

Marcho sen rumbo fixo, con moitos proxectos e apenas planificación porque para iso están tamén as vacacións... para desconectar completamente e irmos a aventura!

Un último consello: Como podedes ver nestas fotos, as veces os lugares máis fermosos están moi preto de nós...

Deséxovos a todos e a todas un bó verán, e ata setembro!