Falando de bichos e Flores

Ir al contenido | Ir al menú | Ir a Buscar

domingo 28 Junio 2009

28 de Xuño, Día do Orgullo Gay

Este 28 de xuño o colectivo LGTB celebra o 40 aniversario das revoltas de Stonewall, acontecemento que marca o nacemento do movemento de liberación homosexual,transexual e bisexual actual, e que se conmemora en todo o mundo como o Día Internacional do Orgullo.

As mulleres e homes socialistas sumámonos, un ano máis, a esta celebración da diversidade, a liberdade e a igualdade, a este verdadeiro Orgullo Cidadán.

Corenta anos en termos históricos non son nada, pero sen dúbida podemos sentirnos orgullosos das conquistas que alcanzamos en España durante os últimos cinco anos. Podemos dicir que o noso país se encontra á cabeza dos que recoñecen os dereitos de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais (lgtb), e, neste proceso, as mulleres e homes socialistas fomos peza clave para o seu impulso e desenvolvemento, especialmente desde o Goberno de España.

Malia estes importantes avances, aínda quedan cousas por conseguir e realidades que cambiar para garantir que a liberdade e a igualdade, que a nosa Constitución proclama, sexan reais e efectivas para toda a poboación lgtb. Este ano os colectivos reivindicativos declararon o Ano da Diversidade Afectivo Sexual na Educación. É sen dúbida unha importante aposta do movemento reivindicativo, e unha necesidade social prioritaria se queremos vencer os altos índices de rexeitamento cara a esta poboación no sistema educativo que sinalan os estudos e que poñen de manifesto que os centros educativos non son espazos seguros para os adolescentes e mozos lgtb, nin para os fillos e fillas de familias homoparentais....

Queremos especialmente denunciar o acoso homofóbico e transfóbico que se produce na escola, causa de un de cada tres intentos de suicidio en mozos e adolescentes. Apostamos por unha educación que promova a diversidade sexual, e que impida a violencia e a discriminación cara os mozos e mozas lgtb, e facemos un chamamento a todas as institucións educativas a que impulsen cun meirande empeño as medidas necesarias para facer dos centros educativos espazos seguros para a diversidade, así como o cese do boicot cara os contidos de Educación para a Cidadanía e cara a propia materia que veñen realizando, neste ámbito, os sectores conservadores.

Gañar a aposta por unha escola que eduque na diversidade é gañar o futuro, porque só unha sociedade que educa na diversidade pode xestionala adecuadamente. Para iso non nos faltan instrumentos como a Lei Orgánica de Educación (LOE), que establece o respecto á diversidade afectivo sexual como un dos seus obxectivos, ou a implantación da materia de Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos. É ben certo que ambos instrumentos contaron coa máis firme oposición do Partido Popular e da xerarquía da igrexa católica, polo que debemos ser tan activos na defensa e implantación efectiva desta materia e os seus contidos como o integrismo relixioso e o conservadorismo político extremo o é no seu boicot.

Máis info no blog; http://grupo7colores.blogspot.com/

martes 26 Mayo 2009

Eles tamén queren cambiar o mundo

Esta é a campaña dos Socialistas Cataláns para as elecións europeas.

Máis claro imposible.

O resumo gráfico do Caso Gurtell

pp

viernes 15 Mayo 2009

A solución do PP... Para case todo

pp2

martes 12 Mayo 2009

¿Porqué os políticos perden a credibilidade?

credibilidade

miércoles 6 Mayo 2009

PACHI LEHENDAKARI

pachi lopez

miércoles 15 Abril 2009

Viva a República

martes 24 Febrero 2009

De entroido pola Coruña

As Xuventudes Socialistas saímos o luns pola noite de marcha pola Coruña, por suposto, disfrazados (na imaxe non se intúe, pero iamos de espías do PP).

Como di un amigo meu, a noite é un espazo hostil (para algunhas cousas), pero en Carnaval todo é diferente.

A xente está na rúa, polo que puidemos simpatizar cos mozos e mozas coruñeses, e aproveitar a oportunidade para facer política ao mesmo tempo que o pasamos ben. Mellor que ben: Xenial!!!

Bueno, cando cheguei á casiña era ben de mañá: xa funcionaban os buses...

lunes 23 Febrero 2009

Alfonso Guerra en Arteixo... un dos mitins que sempre recordarei

Alfonso Guerra:

“Ser socialista é querer que no haxa ninguén que teña tanto como para poder poñer a outro de rodillas ante él, e que non haxa ninguén que teña tan pouco que se vexa obrigado a axeonllarse ante outro".

O discurso de Guerra está colgado xa en youtube, por se teder curiosidade e o queredes ver.

Políticamente incorrecto e absolutamente recomendable!

domingo 22 Febrero 2009

Alfonso Guerra en Arteixo

Se queres pasalo ben falando de política e escoitando a un dos mellores oradores e políticos de todos os tempos, vente esta tarde a Arteixo ao mítin do PSdeG-PSOE.

Ás 18:30 horas no auditorio do Centro Social de Arteixo: Alfonso Guerra!

jueves 19 Febrero 2009

A Vicepresidenta do Goberno na Coruña

De la Vega na Coruña: "La cacería del siglo la protagonizó el PP durante la crisis del Prestige"

Levo días correndo entre Coruña e Santiago, a tope coa campaña de XSG, coa Caravana Xoven das Xuventudes Socialistas de Galicia. Mais, cando chego a tempo, gústame asistir tamén a algúns dos actos que organiza o PSdeG na miña cidade.

O martes estivemos na Universidade, nun encontro aberto con docentes e representantes do mundo da Educación, debatindo o modelo educativo que queremos para o noso País. Un encontro que tamén contou con representantes do mundo estudantil, como Azucena Rodríguez, compañeira de IESGA.

E onte, mércores, estivemos con Mar Barcón e María Teresa Fernández de la Vega, no Pazo da Opera da Coruña, esixíndonlle ao Partido Popular, a Núñez Feijoo, que dea a cara e asista ao Debate da TVG entre os tres candidatos ás eleccións galegas.

Feijoo non quixo. Unha vez máis, a Dereita deste país néganos aos galegos e galegas as explicacións que merecemos, as propostas (que non teñen), e o debate de ideas ante unhas eleccións autonómicas (será que as súas únicas ideas son cómo evadir impostos nas Illas Caimán?).

Pero estou segura que, on vindeiro 1 de marzo, a cidadanía galega tomará nota da cobardía do candidato do Partido Popular. E votará en consecuencia.

martes 17 Febrero 2009

Pénsao ben ... ¿Queres que volvan?

Isto é o que lle preguntan as Xuventudes Socialistas á mocidade deste país.

Estos días de campaña na rúa fannos comprobar que non é así. Que os mozos e mozas galegas non desexan que a dereita volva gobernar Galicia.

Pero desexalo non é suficiente. Hai que facer algo para que non volvan.

E ese algo é ir votar o vindeiro 1 de marzo. Votar ao partido da igualdade, da esperanza e do progreso.

Votar ao Partido Socialista.

lunes 16 Febrero 2009

Zapatero na Coruña: Que non volvan!

ZP, onte, na Coruña:

"Quiero hacer un llamamiento a los jóvenes de Galicia:

A los jóvenes que limpiásteis las playas de chapapote y los despachos oficiales de caciques: id a votar para continuar el cambio"

QUE NO VUELVAN!!!

Sábado de campaña... en Arteixo e Oleiros

O sábado foi un día moi longo.

Despois de facer campaña en Arteixo pola máña (fumos de Feirón) cos compañeiros do PSOE arteixán e coa Caravana Xoven, pasei toda a tarde en Oleiros. revista

Estivemos, Tuco Cerviño, Adela, Luis e mais eu facendo campaña polo paseo de Mera, polas terrazas, polas prazas públicas, pola lagoa...

Repartimos unha revista electoral que os compañeiros do Psoe de Oleiros fixeron para as eleccións autonómicas, e que aos veciños e veciñas de Oleiros lles está gustando moito.

Cada veciño/a oleirense atopará nos vindeiros días un exemplar no seu buzón. En total 13.000 exemplares que, con moito esforzo, están a repartir os amigos e compañeiras que temos en Oleiros.

Moito traballo, pero tamén unha ocasión ideal para falar cos veciños e veciñas, comprobar que o Presidente Touriño sí cumpriu os seus compromisos con Galicia e coa comarca da Coruña.

E sobre todo, a mellor ocasión para animalos a ir a votar o vindeiro 1 de marzo.

viernes 13 Febrero 2009

E hoxe estivemos con Touriño

Esta mañá, participei nun acto con máis de 250 mozos e mozas galegas onde o Presidente Touriño e Loli Rodríguez Amoroso, candidata por Lugo, Secretaria Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, (e amiga), nos animaron a seguir traballando para mellorar Galicia.

E isto implica, necesariamente, apostar polo Partido Socialista.

A modernidade, o progreso e o benestar saen de cada voto. Si Galicia avanzou tanto nestes catro anos é porque os mozos e mozas tomamos a decisión de participar en política e empurrar ao país.

Catro anos despois é bo momento de facer balance. Seguro que quedan moitas cousas pendentes para unha segunda lexislatura, pero o cambio é evidente.

Xa ninguén se lembra e como era aquela Galicia clientelista, a Galicia do Prestige e das Vacas Tolas, a dos funcionarios de Baltar. Unha Galicia onde as estradas e ata os contenedores de lixo dependían da cor do partido que gobernaba o concello...

Un país onde os mozos contaban menos que un cero á esquerda, porque os mozos somos de esquerdas.

Agora contamos, agora influímos, agora decidimos.

O 1 de marzo, decidiremos o mellor para Galicia. E, unha vez máis, os mozos galegos votaremos ao Partido Socialista.

Estou segura!

Pistoletazo de saída á Campaña Electoral|

Para os que seguides a miña vida á través do meu blog:

Onte estiven cos compañeiros da Agrupación Socialista da Coruña, amigos como Tonecho Álvarez, Lucía Domenech, ou Pedro Armas (candidato), no acto de inicio da campaña electoral.

Era ás 12 da noite, diante da Casa do Pobo, e non facía nada de frío... Polo que aproveitamos para charlar, darnos ánimos e tomarnos unha.

Convidaba o candidato :)

miércoles 4 Febrero 2009

O Presidente... de Campaña

o presidente

viernes 30 Enero 2009

O Centro Ágora en marcha!

Os barrios de Ventorrillo e Agra do Orzán levábamos anos demandando un espazo social e cultural para a nosa zona. As nosas demandas foron atendidas, e o concello puxo en marcha un ambicioso proxecto: construír no Ventorrillo un novo Fórum Metropolitano.

Onte este desexo e este proxecto fixéronse realidade: Losada puxo, de maneira simbólica, a primera pedra do Centro Ágora.

O novo edificio conta cun presuposto de 8,1 millóns de euros e abrirá o público no primeiro semestre de 2010.

Será un Centro cultural que contará cun Auditorio con aforo para 549 espectadores (case o dobre que o Fórum).

Terá 10 salas de actividades, unha bilbioteca, unha sala de exposiciones e unha zona específica para nenos e maiores.

Contará ademáis con servizos sociais e rexistro do Concello e cafetería.

QUÉ FERMOSO VAI SER!!!!!!

jueves 22 Enero 2009

Testigos en Gaza.

Membros de Amnistía Internacional (organización coa que eu colaboro) lograron entrar en Gaza.

O equipo atopou indicios de uso xeralizado de fósforo blanco por parte do exército de Israel en áreas densamente poboadas na Cidade de Gaza e nas inmediacións:

"Hemos visto en un callejón de la Ciudad de Gaza a niños y niñas descalzos corriendo alrededor de trozos de fósforo aún incandescente. Hemos visto más trozos en el tejado de una vivienda familiar, y más trozos aún en una concurrida calle.".

Sen palabras.

jueves 15 Enero 2009

Ou hai algo máis detrás?

- página 1 de 3