Falando de bichos e Flores

Ir al contenido | Ir al menú | Ir a Buscar

lunes 16 Febrero 2009

Sábado de campaña... en Arteixo e Oleiros

O sábado foi un día moi longo.

Despois de facer campaña en Arteixo pola máña (fumos de Feirón) cos compañeiros do PSOE arteixán e coa Caravana Xoven, pasei toda a tarde en Oleiros. revista

Estivemos, Tuco Cerviño, Adela, Luis e mais eu facendo campaña polo paseo de Mera, polas terrazas, polas prazas públicas, pola lagoa...

Repartimos unha revista electoral que os compañeiros do Psoe de Oleiros fixeron para as eleccións autonómicas, e que aos veciños e veciñas de Oleiros lles está gustando moito.

Cada veciño/a oleirense atopará nos vindeiros días un exemplar no seu buzón. En total 13.000 exemplares que, con moito esforzo, están a repartir os amigos e compañeiras que temos en Oleiros.

Moito traballo, pero tamén unha ocasión ideal para falar cos veciños e veciñas, comprobar que o Presidente Touriño sí cumpriu os seus compromisos con Galicia e coa comarca da Coruña.

E sobre todo, a mellor ocasión para animalos a ir a votar o vindeiro 1 de marzo.

viernes 13 Febrero 2009

E hoxe estivemos con Touriño

Esta mañá, participei nun acto con máis de 250 mozos e mozas galegas onde o Presidente Touriño e Loli Rodríguez Amoroso, candidata por Lugo, Secretaria Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, (e amiga), nos animaron a seguir traballando para mellorar Galicia.

E isto implica, necesariamente, apostar polo Partido Socialista.

A modernidade, o progreso e o benestar saen de cada voto. Si Galicia avanzou tanto nestes catro anos é porque os mozos e mozas tomamos a decisión de participar en política e empurrar ao país.

Catro anos despois é bo momento de facer balance. Seguro que quedan moitas cousas pendentes para unha segunda lexislatura, pero o cambio é evidente.

Xa ninguén se lembra e como era aquela Galicia clientelista, a Galicia do Prestige e das Vacas Tolas, a dos funcionarios de Baltar. Unha Galicia onde as estradas e ata os contenedores de lixo dependían da cor do partido que gobernaba o concello...

Un país onde os mozos contaban menos que un cero á esquerda, porque os mozos somos de esquerdas.

Agora contamos, agora influímos, agora decidimos.

O 1 de marzo, decidiremos o mellor para Galicia. E, unha vez máis, os mozos galegos votaremos ao Partido Socialista.

Estou segura!

Pistoletazo de saída á Campaña Electoral|

Para os que seguides a miña vida á través do meu blog:

Onte estiven cos compañeiros da Agrupación Socialista da Coruña, amigos como Tonecho Álvarez, Lucía Domenech, ou Pedro Armas (candidato), no acto de inicio da campaña electoral.

Era ás 12 da noite, diante da Casa do Pobo, e non facía nada de frío... Polo que aproveitamos para charlar, darnos ánimos e tomarnos unha.

Convidaba o candidato :)

miércoles 4 Febrero 2009

O Presidente... de Campaña

o presidente

martes 3 Febrero 2009

O último de Xoel López: Quen puidera namorala!

xoel Por motivos sentimentais que non veñen ao caso, unha das miñas cancións preferidas dende hai moitos anos é "Quén puidera namorala", unha cantiga escrita por Álvaro Cunqueiro e interpretada por Luis Emilio Batallan.

Por iso, sentín unha ilusión inmensa cando escoitei a versión que Xoel López (Deluxe), o músico coruñés máis de moda, fixo para a campaña de Emilio Pérez Touriño.

Aínda máis, o Presidente adiantounos a primicia no facebook o pasado venres e, se queredes, podedes escoitar a versión de Xoel no seguinte enlace.

De verdade que merece a pena!

viernes 30 Enero 2009

O Centro Ágora en marcha!

Os barrios de Ventorrillo e Agra do Orzán levábamos anos demandando un espazo social e cultural para a nosa zona. As nosas demandas foron atendidas, e o concello puxo en marcha un ambicioso proxecto: construír no Ventorrillo un novo Fórum Metropolitano.

Onte este desexo e este proxecto fixéronse realidade: Losada puxo, de maneira simbólica, a primera pedra do Centro Ágora.

O novo edificio conta cun presuposto de 8,1 millóns de euros e abrirá o público no primeiro semestre de 2010.

Será un Centro cultural que contará cun Auditorio con aforo para 549 espectadores (case o dobre que o Fórum).

Terá 10 salas de actividades, unha bilbioteca, unha sala de exposiciones e unha zona específica para nenos e maiores.

Contará ademáis con servizos sociais e rexistro do Concello e cafetería.

QUÉ FERMOSO VAI SER!!!!!!

jueves 22 Enero 2009

Testigos en Gaza.

Membros de Amnistía Internacional (organización coa que eu colaboro) lograron entrar en Gaza.

O equipo atopou indicios de uso xeralizado de fósforo blanco por parte do exército de Israel en áreas densamente poboadas na Cidade de Gaza e nas inmediacións:

"Hemos visto en un callejón de la Ciudad de Gaza a niños y niñas descalzos corriendo alrededor de trozos de fósforo aún incandescente. Hemos visto más trozos en el tejado de una vivienda familiar, y más trozos aún en una concurrida calle.".

Sen palabras.

jueves 15 Enero 2009

Ou hai algo máis detrás?

Guerras de Relixión....?

A verdade sobre Gaza

Se nos viran dende fóra...

martes 13 Enero 2009

Un recordo de Porto.

Baixando ao Porto

Tuas janelas sao oculares para uma cidade que nao dorme, uma lima que permite que eu e o Porto coexistamos, nunha cumplicidade eterna.

Que cores, que fuguras, que tons mágicos...! Quase mergulho nesse mundo de índios, Quase son índia tambén!

Sinto história, sinto cultura, sinto a cidade no aroma de um café.

És un mundo á parte, ou parte deste mundo, és poesia, és siléncio, és conversas, olhares, e sorrisos.

És Porto, Guarany...

Inés Ruvinet

viernes 9 Enero 2009

Muxía terá Parador

Meu pai naceu en Muxía, polo que coñezo esa vila bastante ben, e non me faltan motivos para visitala de vez en cando...

... As súas paisaxes, as súas xentes (ás que lles hai que votar de comer aparte), o seu mar salvaxe onde se collen os mellores polbos da comarca, a romaría da Virxe da Barca, e agora... O Parador!

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes resolveu esta mañá o concurso para a construción do parador de Muxía, concurso no que resultou gañador o arquitecto Alfonso Penela Fernández, e que será o encargado de elaborar o proxecto final. Unha vez rematado será o Instituto de Turismo de España (TURESPAÑA) o que licite e adxudique as obras.

Déixovos cunha imaxe do proxecto gañador, a ver se a vos tamén vos convence. parador

miércoles 7 Enero 2009

De volta ao mundo real

martes 23 Diciembre 2008

E dúas máis de regalo... (adicadas a Azu e a Chari)

Pechado por vacacións

jueves 18 Diciembre 2008

España protagoniza o maior aumento de axuda ao desenvolvemento de todos os países doadores

Segundo o informe "La Realidad de la Ayuda 2008 - 2009" que realiza INTERMON OXFAM, España foi o país que máis incrementou a axuda ao desenvolvemento dos países pobres de toda a comunidade de doadores no 2007.

Pasou de destinar o 0,32% do seu produto interior bruto no 2006 ao 0,37% do ano pasado, alcanzando os 4.200 millóns de euros, o que supón un incremento de máis de 709 millóns nun só ano.

Estas cifras sitúana en sétimo lugar entre os países ricos e en undécimo posto en termos relativos á súa riqueza.

Sen embargo, o incremento español non foi acompañado polos outros países desenvolvidos, pois o resto dos doadores reduciron a súa contribución á loita contra a pobreza por segundo ano consecutivo, un 9% respecto ao destinado no 2006.

Segundo o director xeral de Intermón, Ariane Arpa «Se esta tendencia á baixa da axuda ao desenvolvemento se consolida este ano, como parece indicar os datos, podemos estar ante un tsunami humanitario».

lunes 15 Diciembre 2008

Inauguracion da Autovía do Barbanza

Fixeron falta máis de 50 mortos para que o PP se decatase que as Vías Rápidas só serven para destruír vidas.

Fixeron falta 3 anos, 130 millóns de euros, e un goberno SOCIALISTA para construír unha nova autovía: a Autovía do Barbanza.

E algúns aínda teñen máis que dicir.

Para Galicia hoxe é un día importante. Esta nova autovía representa un cambio na maneira de gobernar un Pobo.

Significa a materialización dunha nova maneira de concebir as infraestruturas e de vertebrar o País.

Fronte á improvisación, a inexistencia de planificación e de medidas e seguridade viaria que caracterizan as obras inauguradas por Cuiña e Núñez Feijoo (Vía Ràpida do Salnés, Autopista de Carballo, Via Rápida do Barbanza) este goberno aposta:

- Pola planificación (véxase o Plan Director de Estradas)

- Pola seguridade (véxase o Plan de Seguridade Viaria),

- Pola mobilidade (Autovía gratuita Dozón Ourense, Terceira Rolda da Coruña, Vía Ártabra)

- Pola cohesión social (Véxase a Autovía da Costa da Morte)

- Pola contribución ao desenvolvemento económico (Autovía do Barbanza).

Noraboa aos veciños e veciñas do Barbanza que a partires de hoxe poderán desfrutar da infraestrutura que precisan e merecen, Pese a quen lle pese (incluso aos seus alcaldes).

Non máis mortes nas estradas, por favor!

domingo 14 Diciembre 2008

Despois de Kioto... Poznan... Servirá de algo?

viernes 12 Diciembre 2008

Cando a crise o xustifica todo...

- página 2 de 6 -