De la Vega na Coruña: "La cacería del siglo la protagonizó el PP durante la crisis del Prestige"

Levo días correndo entre Coruña e Santiago, a tope coa campaña de XSG, coa Caravana Xoven das Xuventudes Socialistas de Galicia. Mais, cando chego a tempo, gústame asistir tamén a algúns dos actos que organiza o PSdeG na miña cidade.

O martes estivemos na Universidade, nun encontro aberto con docentes e representantes do mundo da Educación, debatindo o modelo educativo que queremos para o noso País. Un encontro que tamén contou con representantes do mundo estudantil, como Azucena Rodríguez, compañeira de IESGA.

E onte, mércores, estivemos con Mar Barcón e María Teresa Fernández de la Vega, no Pazo da Opera da Coruña, esixíndonlle ao Partido Popular, a Núñez Feijoo, que dea a cara e asista ao Debate da TVG entre os tres candidatos ás eleccións galegas.

Feijoo non quixo. Unha vez máis, a Dereita deste país néganos aos galegos e galegas as explicacións que merecemos, as propostas (que non teñen), e o debate de ideas ante unhas eleccións autonómicas (será que as súas únicas ideas son cómo evadir impostos nas Illas Caimán?).

Pero estou segura que, on vindeiro 1 de marzo, a cidadanía galega tomará nota da cobardía do candidato do Partido Popular. E votará en consecuencia.