As Xuventudes Socialistas saímos o luns pola noite de marcha pola Coruña, por suposto, disfrazados (na imaxe non se intúe, pero iamos de espías do PP).

Como di un amigo meu, a noite é un espazo hostil (para algunhas cousas), pero en Carnaval todo é diferente.

A xente está na rúa, polo que puidemos simpatizar cos mozos e mozas coruñeses, e aproveitar a oportunidade para facer política ao mesmo tempo que o pasamos ben. Mellor que ben: Xenial!!!

Bueno, cando cheguei á casiña era ben de mañá: xa funcionaban os buses...