Un ano máis celebramos, na Coruña, a Festa do 1º de maio, o Día Internacional do Traballo, esta vez baixo o lema "Fronte á Crise: Emprego, Investimento Público e Protección Social".

Máis, coma todos os anos, estivemos tamén na Praza de Pablo Iglesias, facendo a tradicional Ofrenda Floral ao fundador do noso Sindicato.

E as 10:00 da mañá, significados representantes de UGT e CCOO recordamos aos Mortos pola Liberdade, nun acto sinxelo pero moi emotivo que levamos a cabo no Cemiterio Civil, carón do mar, en San Amaro.

Nesta sentida homenaxe, os compañeiros e compañeiras da UGT convidáronme a recitar un poema, e este ano escollín esta poesía de Manuel Parra, adicada a Miguel Hernández.

Poema